Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 14 de marzo de 2018

# 8 de marzo. A verdadeira igualdade é cousa do futuro

Ser ou non ser con esta frase dá comezo o soliloquio da obra de Shakespeare onde Hamlet tiña unha loita interna entre a vida e a morte. Chegar a este tipo de reflexións diferéncianos dos animais, pero ás veces éntranos a dúbida de se a evolución deixou a algunhas mentes incompletas e non pertencen realmente ao SER. Referímonos a aqueles que negan a evidencia e o dereito á iguadade entre as mulleres e os homes.  Négana cando cousifican a muller, cando a empregan como coidadora e limpadora, cando a queren  imposibilitar para postos de relevancia social, cando a escravizan sexualmente, cando lle rouban o salario, cando a maltratan e a asasinan porque a consideran parte da súa propiedade. Todos estes feitos, que parecen formar  parte da prehistoria, son a crónica do día a día en pleno século XXI.
Dende aquí lembramos a algunhas mulleres que, aínda con todos os atrancos e cambadelas, conseguiron alumear coa lámpada da súa intelixencia. Amosamos tamén algúns datos  que verifican unha mínima parte destas discriminacións.