Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 18 de diciembre de 2017

A SEMANA DA MÚSICA

Na antiga Grecia, a música cumpría un papel fundamental na educación dos xoves porque se consideraba que tiña un alto poder para influír no comportamento das persoas.
A música é unha das mellores expresións que posuímos os humanos para transmitir as diferentes sensacións que nos afectan (medo, ledicia, nostalxia…)
Nós, tendo todo isto en conta, celebramos aquí, no Asorey, a Semana da Música onde rapazas e rapaces, guiados con mestría polos profesores de Música, Moisés Amado e Ana Blanco, nos amosaron o seu bo facer e fixeron vibrar os nosos corazóns, que é onde máis axiña chega a maxia desta arte. A biblioteca, o vestíbulo, a cafetería, o salón de actos… convertéronse en improvisados escenarios para facernos pasar uns momentos moi especiais a todos os aquí presentes.