Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

O Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller vense celebrando o 25 de novembro dende hai moitos anos. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración da data na que foran asasinadas tres irmás.
En 1999 a xornada de reivindicación foi asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, convidando a  gobernos, a organizacións internacionais e a organizacións non gubernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar a opinión pública sobre a violencia de xénero.
Este  tipo de violencia ten a súa orixe na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres e na discriminación persistente  cara a elas. Isto convértese nun problema social tanto  no ámbito doméstico como no público que atingue a diferentes vertentes como á física, á sexual, á psicolóxica, á económica, á cultural…

Dende  o IES Asorey dicimos  BASTA XA! Que a discriminación sexista e o maltrato se volva  pasado e non teña cabida na nosa sociedade  NUNCA MÁIS!