Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 10 de octubre de 2017

DÍA EUROPEO SEN COCHES

O pasado 22 de setembro, os alumnos de 4º ESO do IES Francisco Asorey asistimos a un evento sobre o Día europeo sen coches. Baixamos andando ata o centro onde nos esperaba un policía municipal e o Concelleiro de urbanismo. O policía municipal, Alejandro Falcón, deunos unha pequena charla. Explicounos como eran as rúas na súa infancia, como non había case coches circulando e cono grazas a iso, as rúas eran utilizadas para xogar e socializar. Era o lugar de encontro cos amigos. Agora iso cambiou. Hoxe en día, as rúas son lugares para os coches. Na nosa man está cámbialo e recuperar ese espazo para os peóns ou non.
Tamén tivemos a oportunidade de estar con varias representantes do Refuxio de Cambados. Elas tamén nos contaron as súas aventuras de xuventude  e de como xogaban cos cans na rúa. As portas das casas estaban abertas e cando alguén quería algo, ía a calquera casa e era atendido. Ese tipo de  veciñanza tamén se está a perder. Agora iso xa non se pode facer.
Po último, e grazas a que o Concello cortou ao tráfico a rúa Isabel II, desfrutamos dun montón de xogos populares cos que desfrutaban  os nosos avós cando eran pequenos. A verdade é que os hai superdivertidos, aínda que algúns non están feitos para xente con pouca paciencia.
Pasámolo xenial! E saímos na tele e na prensa!

Sofía Vilanova Paz, 4º ESO A