Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 9 de marzo de 2017

 CEN ANOS HAI !
O 8 de marzo de 1917 morría na Coruña Eduardo Pondal, o bardo, o poeta que quixo darlle a Galicia unha identidade cultural, histórica e antropolóxica. Para iso, creou un mundo céltico repleto de referencias heroicas, de lugares míticos por onde ecoan as voces do nosos devanceiros intentando espertar aos galegos do seu longo letargo; lembrándonos o  pasado glorioso vivido e inxectando en todos nós a loita pola nosa lingua e a nosa identidade.


100 anos despois, a Biblioteca  e o EDL do Asorey quere honrar á súa memoria e o seu magno labor cunha pequena exposición na que se  pode ler algún dos seus versos e por suposto, o poema titulado Os Pinos, que se convertería, máis tarde, no himno galego. 
Animámosvos a que vos paredes un intre e vos deixedes levar polo son dos rumorosos